
Os bombeiros do parque provincial do Arteixo foron mobilizados ás 04:40 horas desta madrugada para extinguir un lume nunha casa deshabitada en Almeiras, no concello de Culleredo, concretamente fronte ao tanatorio.
A estrada AC-213 estivo cortada ao tráfico durante aproximadamente dúas horas e media.
Foi necesario o labor do parque provincial de Betanzos, e tamén completaron o operativo Policía Local de Culleredo e Garda Civil.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.