
A área recreativa da piscina municipal de Papucín acolleu a edición número 22 do Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades. O evento reuniu a trinta nenos e nenas do municipio, que estiveron acompañados polos seus pais, nais, avós e avoas.
Durante a competición a rapazada capturou varios exemplares que puideron levar posteriormente as súas casas. Despois dunha boa xornada de pesca tiveron a súa recompensa con medallas, agasallos e merenda, entregadas polo alcalde, Roberto Rey, quen estivo acompañado do concelleiro de Deportes, Juan Carlos Portos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.