Thursday 31 de July de 2025

O Concello instalará o Punto Violeta durante as festas de Lorbé


Con motivo das festas de Carme de Lorbé, que se celebran esta fin de semana, o Concello instalará Puntos Violeta nas noites do xoves 31 de xullo, venres 1 e sábado 2 de agosto, en horario de 23 a 3h, co propósito de seguir actuando activamente, como vén facendo ata o de agora, na prevención e atención ante posibles casos de violencia sexual, LGTBIfobia ou calquera outra manifestación de violencia machista.

Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Tamén funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.

Deja un comentario