Thursday 31 de July de 2025

Liberada unha persoa cuxo brazo quedara atrapado nunha máquina de enrolar no concello de Monfero


Os bombeiros do parque provincial do Eume acudiron sobre as 12:15 horas de hoxe ata o Alto do Xestoso, en Monfero, despois de que a unha persoa lle quedara un brazo atrapado nunha máquina de enrolar a herba.

Os profesionais tiveron que liberar o brazo da vítima con equipos de excarceración para que posteriormente fose trasladada ao hospital Arquitecto Marcide en Ferrol.

Deja un comentario