
Un total de 25 parellas dividas en 2 niveis participan a 9ª edición deste torneo estival.
Este xoves dará comezo o IX Torneo de Pádel de verán de Carral que se prolongará ata o próximo 27 de setembro.
En total foron 50 xogadores (26 parellas) os rexistrados nesta competición con formato de parellas e mixto. As parellas organízanse en función do seu nivel de xogo. Así no nivel A (medio-alto) inscribíronse 8 parellas, mentres no nivel B (medio-baixo) foron un total de 17 as parellas rexistradas.
A competición dará comezo o próximo o xoves 31 de xullo e prolongarase ata o 27 de setembro. Durante as primeiras semanas (ata o 13 de setembro) disputarase unha primeira fase de liguiña por grupos, dos que se clasificarán os mellores para a fase eliminatoria de cada categoría (cuartos de final, semifinais e final), que terá lugar entre o 15 e o 27 de setembro.
Os partidos, un total de 70, disputaranse en horario de serán, a partir das 19.30 h, podendo modificarse os horarios sempre co acordo entre as parellas enfrontadas.
As idades dos xogadores abarcan desde os 16 ata os 56 anos, sendo maioritariamente veciños de Carral.
O obxectivo desta competición é o fomento do deporte entre a poboación adulta, así como posibilitar a práctica de novas modalidades deportivas aos habitantes de carraleses. Por iso, a participación no torneo terá un carácter gratuíto.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.