Tuesday 29 de July de 2025

Os alcaldes de Boqueixón e Vedra visitan á rapazada do campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”


Esta semana farán actuacións na contorna do Pico Sacro

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Vedra, Carlos Martínez, veñen de visitar o campo internacional de voluntariado “Monte Sacro”, que durante esta semana desenvolve as súas actividades na contorna do Pico Sacro. Así, Rodeiro e Martínez coñeceron as actuacións que van realizar estes quince rapaces e rapazas, de entre 18 e 30 anos de idade chegados de diferentes partes de España e doutros países.

Durante esta semana, os voluntarios farán actuacións de limpeza e conservación do patrimonio que alberga o Monte Ilicino. Na semana anterior, acometeran accións de limpeza e acondicionamento nas inmediacións de San Xoán da Cova, no municipio de Vedra, despexando a zona de plantas e árbores invasoras.

O campo internacional de voluntariado “Monte Sacro” está coorganizado polos Concellos de Vedra e Boqueixón e está impulsado pola dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Deja un comentario