Saturday 16 de November de 2024

A Mancomunidade de Ordes organiza un curso de competencias e habilidades sociais


Non ten custo e está especialmente dirixido ás persoas interesadas en acceder a cursos e módulos de Formación Profesional para o emprego

Ao longo dos vindeiros meses de abril e maio a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes realizará polos distintos concellos da comarca unha serie de charlas sobre competencias e habilidades sociais. A dita iniciativa está desenvolvida conxuntamente polo CIM da Mancomunidade de Ordes e o Servizo
de Prevención de Drogodependencias.
O obxectivo máis inmediato da dita iniciativa é o de facilitar
o asesoramento e ofrecer información e apoio para aquelas persoas que estean interesadas en ir ás próximas probas avaliativas de Competencias Clave de nivel II. Estas terán lugar o vindeiro 21 de maio no concello de Silleda e tras superalas poderase acceder directamente a cursos e módulos de Formación Profesional para o emprego.

A inscrición, completamente de balde, permanecerá aberta ata o próximo 1 de abril. Hai As xornadas realizaranse de 10 a 12 horas e a modalidade será
obrigatoriamente presencial, tendo cada grupo un mínimo de dez persoas.