
Este mércores ás 21:30 horas, as festas de Ribeira arrancarán cun momento moi especial: o pregón a cargo do noso veciño Tonhito de Poi, un dos máis grandes artistas galegos de tódolos tempos.
O balcón do novo edificio do Concello será o escenario desde o que Tonhito —músico, actor, comunicador e guía— compartirá co público un discurso cheo de emoción, retranca e amor pola nosa cidade. Un inicio de festas á altura do que merece Ribeira.
A partir dese momento, comezará unha intensa programación festiva pensada para todas as idades e gustos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.