Tuesday 29 de July de 2025

Renuncia do concelleiro Jaime Rumbo por motivos de saúde


Pasará a ocupar o seu cargo Igor Pérez López

 

O concelleiro delegado de Servizos de Oleiros, Jaime Rumbo, deixa o seu cargo por motivos de saúde relacionados coa súa mobilidade. Ocupaba o número 10 da lista da Alternativa, e fora elixido en asemblea pola veciñanza da parroquia de Iñás.

 

Unha doenza localizada no seu aparato locomotor sepárao agora da política municipal e as súas responsabilidades no concello, pero continuará apoiando á Alternativa como fixo sempre.

 

O alcalde, Ángel García Seoane, agradeceu a súa entrega á vida pública e á Alternativa, onde puxo toda a súa forza tanto para dinamizar e facer política na súa parroquia como para contribuÍr á profunda transformación de Oleiros nun territorio distinto e singular.

 

Para completar os 13 concelleiros que corresponden á Alternativa incorpórase Igor Pérez, persoa cunha enorme capacidade de traballo e forte arraigo en ambientes artísticos, pois participa en numerosas iniciativas creativas e é moi coñecido nos círculos musicais do municipio. Ademais atesoura unha destacada traxectoria no movemento veciñal.

 

Previamente a esta decisión, Alternativa dos Veciños celebrou unha asamblea en Iñás para poñer en coñecemento das persoas que forman a Comisión de Seguemento da localidade o cambio que se vai producir e os motivos polos que Jaime Rumbo, concelleiro desde o 2015, abandona a corporación.

Deja un comentario