
Máis de 250 nenos e nenas, canda as súas familias, celebraron este sábado a décimo sétima edición do Día do/a Neno/a. O tempo acompañou, polo que tanto a piscina municipal de Frades como a área recreativa de Papucín estiveron cheas de xente durante toda a tarde.
O Concello de Frades mantivo os grandes atractivos de edicións previas como os inchables, tanto na piscina como fóra, o tren turístico, os xogos populares ou a batalla de globos de auga. Despois de merendar e refrescarse cuns granizados de sabores, os pequenos desfrutaron dunha gran festa da escuma na área recreativa de Papucín. Unha actividade organizada polo Concello de Frades, en colaboración coa Deputación da Coruña.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.