
· A cita terá lugar o sábado, 9 de agosto, e o domingo, día 10.
Corenta clubs de toda Galicia pisarán a area da praia da Lombiña-Cabío para participar na proba nocturna de vólei praia. O torneo, encadrado dentro do Circuíto Barbanza de Vólei Praia, está organizado polo Concello e o Club Vóleibol Riveira en colaboración con Congalsa. A cita deportiva terá lugar o sábado, 9 de agosto, e o domingo, día 10.
O sábado, a partir das 10.00 horas, disputaranse as previas en grupo por equipos. Do total de participantes clasificaranse os oito mellores conxuntos, que xogarán o cadro de dobre eliminatoria contra os oito cabezas de serie. En canto ao cadro, está previsto a partir das 23.00 horas dese mesmo día, prolongándose ata as 4.00 horas. As finais da nocturna celebraranse a partir das 18.00 horas do domingo, día 10.
A inscrición estará aberta ata o martes, 5 de agosto, e os equipos interesados poderán anotarse no teléfono 629 824 957.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.