O Concello de Riveira ten previsto conmemorar o Día Internacional do Teatro que ten lugar o 27 de marzo –este ano, domingo de Pascua- coa realización dunha fundación dramática o vindeiro venres 1 de abril, ás 21.30 horas, no Auditorio Municipal de Riveira.
A actuación correrá de Mandarina co título “Un Ramón de Mandarinas”. A entrada será gratuíta ata encher aforo e poderase recoller no propio auditorio media hora antes do arranque.
Laura Mandarina acadou con este espectáculo gran parte do seu recoñecemento artístico. O Premio do Público de Festiclown, o da Mostra de Pallasos de Xirivella, O Premio FAST de Torredembarra ou o Premio do Festival Farándula de Gran Canaria chegáronlle á compañía da man desta obra, que ben a poderiamos definir como a historia de amor máis grande xamais contada. Trátase da historia de como se coñeceron os pais de Mandarina.
Unha mirada ao ridículos que podemos ser ao namorarnos. Mandarina ponse na pel das dúas personaxes e achéganos unha comedia universal na que a tenrura, o humor e o absurdo combínanse para emocionarnos, facernos rir e lembrarnos que non hai nada más marabilloso e ridículo que estar namorados.
A actividade está organizada pola concellería de Cultura que dirixe a edil Fabiola García Martínez.