
· O elenco do festival complétano Abril, Mondra e De Vacas.
· Celebrarase, como xa é tradición, no Campo dá Feira de Guísamo, o sábado 23 de agosto.
A XXIV edición do festival Guísamo Folk xa está aquí. Este evento, xa consolidado no panorama provincial da cultura, celebrarase este ano o sábado 23 de agosto no xa tradicional emprazamento do Campo dá Feira de Guísamo.
Este ano, o festival conta cun cartel de luxo, encabezado por un dos grupos galegos máis populares dos últimos anos: Baiuca. Ou artista Alejandro Guillán está a triunfar por todo o país co seu proxecto no que tenta achegar a tradición galega á vangarda e á electrónica. Instrumentos tradicionais asócianse con sintetizadores, caixas de ritmo e programacións.
Xunto a Baiuca estará tamén Mondra. Martín Mondragón, natural de Teo, está considerado como unha das novas estrelas do trad, un xénero en auxe que bebe da música tradicional galega e convértea nun son plenamente actual.
O terceiro dos grupos desta edición é De Vacas, formado polas santiaguesas Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romero e o nigranés Guillerme Fernández. Co seu espectáculo ‘Rebovina Divas Ao vivo’ fan unha homenaxe ás divas do pop: Whitney, Celine, Mónica, Beyonce… Ás músicas e bases electrónicas súmanse espectaculares coreografías.
Estarán tamén o vigueses Abril. O trío, formado por Claudia Abril (voz e percusión), Mariña Carpente (violín e voz) e Antón Lago (guitarra e voz), é un proxecto que mestura músicas de raíz galega e ibérica con outros xéneros.
Os concertos comezarán sobre as 20:00 horas, pero, para os que vaian comer xa pola zona, o Concello organiza unha serie de obradoiros e actividades para os e as máis pequenos/as.
Desde o Concello de Bergondo esperan que “o festival volva ser todo un éxito, pois xa é un evento totalmente consolidado”. “Tentamos, como xa fixemos noutras edicións, abarcar diferentes gustos musicais e que cada persoa poida gozar do festival á súa maneira”, explican.
Non se esquecen de agradecer a “veciños e veciñas, que sempre colaboran para que o festival sexa todo un éxito”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.