
A edición do 27 de xullo desenvolverase de 10.00 a 15.00 h con postos de comercio local, espazo infantil, obradoiro creativo, degustacións e concerto en directo
O Concello da Coruña organiza este domingo 27 de xullo, de 10.00 a 15.00 horas, na Praza da Tolerancia, a continuación dunha nova edición do Mercado Ecolóxico, unha iniciativa mensual e itinerante que promove o consumo responsable e apoia o comercio local e metropolitano.
A xornada ofrecerá unha ampla selección de produtos de alimentación sostible e proximidade, da man de produtoras e produtores comprometidos coa calidade e o respecto ao medio ambiente. Esta ocasión contará con postos de produtos artesanais, sostibles e galegos, procedentes tanto da Coruña como da súa área metropolitana.
O mercado completarase cunha programación complementaria orientada a todos os públicos, que inclúe:
● Espazo infantil permanente, con actividades de lecer creativo.
● Obradoiro “Centoliñas”, centrado no traballo con refugallo, de 11.30 a 12.30 h. A actividade é de balde e con aforo limitado a 15 participantes. A inscrición farase no propio mercado a partir das 10.00 h.
● Degustación de produtos de Galo Celta, ás 12.00 h, que presentará os seus embutidos 100 % de polo.
● Concerto da artista local Mamen Bazarra, ás 13.00 h, cun repertorio que combina temas propios e versións.
O Mercado Ecolóxico da Coruña forma parte do compromiso municipal coa economía local, a educación ambiental e a dinamización dos barrios.
Máis información na páxina web do concello e nas redes sociais: @mercaecocoruna
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.