Monday 28 de July de 2025

As festas de Monelos pechan as celebracións nos barrios deste mes de xullo


O presidente da asociación benéfica Renacer, José Fernández Pernas, será o encargado de dar o pregón 

Este sábado, 26 de xullo, celebraranse as Festas de Monelos, os últimos festexos de barrio do mes de xullo. As festas son financiadas polo
Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios. “Desde o Goberno de Inés Rey temos democratizado este ano o proceso para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolle ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas”, indica Gonzalo Castro.

As celebracións, que terán lugar na explanada de Salvador de Madariaga, comezarán ás 12.00 horas co pasarrúas a cargo de Os Gaiteiriños. Ás 12.15 horas terá lugar o pregón a cargo de José Fernández Pernas, presidente da asociación benéfica Renacer. Ao longo da xornada haberá xogos infantís e festa da escuma para os nenos e nenas. A sesión vermú, que comezará ás 13.30 horas, contará coa actuación musical de Aixa Romay.

Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas, actuarán Amizades, Os Gaiteiriños, ás 19.00, e Nós Brigantium (Rondalla e Coro), ás 20.30 horas. Os festexos pecharanse ás 22.30 horas coa actuación de Clandestinos.

Deja un comentario