
O Concello de Laxe, xunto coa Comisión de Festas de Laxe, anuncia con entusiasmo o concerto do histórico grupo A Roda, que terá lugar este xoves 25 de xullo ás 22:30 h na Praza Ramón Juega.
Este evento enmárcase na programación cultural e festiva do verán en Laxe e conta co apoio da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, que colaboran para seguir promovendo a música e as tradicións galegas.
A Roda é un dos grupos máis emblemáticos da música popular de Galicia e chega a Laxe para ofrecer un espectáculo cheo de identidade, festa e recordos, no Día de Galicia. O concerto será de acceso libre e gratuíto, pensado para todos os públicos, e promete unha noite inesquecible para veciñanza e visitantes.
Dende o Concello de Laxe convidamos a toda a cidadanía a participar nesta xornada tan especial e a gozar da cultura galega en vivo e en directo .
Data: 25 de xullo de 2025
Hora: 22:30 h
Lugar: Praza Ramón Juega, Laxe
Actuación: A Roda
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.