
A inicios da vindeira semana completaranse as tarefas de pintado e activación da rede semafórica
O obxectivo: facilitar o acceso de vehículos ao paseo e aliviar, desta forma, a circulación do tráfico rodado en Juana de Vega
A inicios da semana que vén, o Concello completará as tarefas de pintado e activación da rede de semafórica na nova conexión habilitada entre as rúas Paio Gómez e Modesta Goicouría, coa que o Goberno de Inés Rey busca facilitar o acceso de vehículos ao paseo marítimo a través da praza de Pontevedra e, desta forma, aliviar a circulación do tránsito rodado en Juana de Vega.
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que en primeira instancia, leváronse a cabo simulación de tráfico do novo percorrido, que, desde a rúa Picavia, baixará polo túnel da praza de Lugo, subirá a Paio Gómez para chegar á praza de Pontevedra e, xa deseguido, enfilar Modesta Goicouría para xirar á dereita cara á avenida Pedro Barrié de la Maza.
Para habilitar esta nova conexión entre Paio Gómez e Modesta Goicouría, o Concello executou unha pequena remodelación no illote central da praza de Pontevedra, necesaria para abrir o novo carril de circulación e permitir a incorporación de vehículos.
Modesta Goicouría manterá o doble sentido actual
Toda vez se completen as últimas tarefas e Mobilidade dé luz verde á apertura desta nova conexión, Modesta Goicouría manterá a súa configuración actual en doble sentido. Cómpre lembrar que o Concello habilitou a viraxe dos autobuses urbanos desde Modesta Goicouría a Pedro Barrié de la Maza no contexto das obras de San Andrés, para facilitarlles o acceso ao paseo marítimo desde a praza de Pontevedra. Agora, esta vía será a que poidan empregar os vehículos que saian desde o túnel da praza de Lugo e Paio Gómez, así como os que cheguen á praza de Pontevedra desde a rúa de San Andrés.
O outro carril, en sentido de entrada desde Pedro Barrié de la Maza, é o que xa actualmente permite o acceso de vehículos á praza de Pontevedra desde o paseo marítimo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.