
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asistiu este xoves 24 de xullo á entrega das Medallas de Galicia no acto que tivo lugar na Cidade da Cultura. Tamén asistiron membros de toda a corporación municipal, ademais da primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas; da segunda tenenta de alcaldesa e portavoz do goberno, Míriam Louzao; e do concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás.
No acto foron distinguidos os alcaldes de Porto, Rui Moreira, que destaca como unha voz activa na defensa dos intereses da cidade de Porto e da Rexión Norte; e o de Braga, Ricardo Rio, que foi presidente da Asociacion Transfronteiriza de Municípios “Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular” (entre 2015 e 2017 e entre 2020 e 2022) e vicepresidente (entre 2014 e 2015 e entre 2022 e 2024).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.