Tuesday 29 de July de 2025

Novas melloras na rede de auga por importe de 5 millóns de euros


O Goberno municipal aprobará no próximo pleno do Concello unha ampliación de capital da empresa pública AquaOleiros de 5 millóns de euros destinada, principalmente, á completar a renovación das redes xerais de abastecemento de auga máis antigas. Tamén se destinará unha parte deses fondos a modernizar tecnoloxicamente a xestión e a sectorizar a rede con distintos mecanismos para optimizar a prestación do servizo.

O Concello vai abordar directamente ao longo desde ano, con cargo aos orzamentos municipais, as obras de renovación da rede xeral de Nós (avenida Salvador Allende) os tramos pendentes das localidades de Montrove e Oleiros (Rosalía de Castro-Lamastelle, A Pezoca-Quinta Canaima e depósito da Edreira-rúa Pazo). Ademais, mediante os 5 millóns de euros destinados a AquaOleiros, executaranse as obras de renovación das tuberías de fibrocemento pendentes na avenida das Mariñas así como os tramos das de PVC de maior antigüidade, neste momento nas parroquias de Dorneda e Serantes.

O Concello de Oleiros conta cunha ampla rede de abastecemento de auga dotada de 432 km e dotada con 11 depósitos, que se atopan en constante proceso de mellora, destinando todos os anos importantes recursos económicos á súa renovación. Nas obras das tuberías vanse priorizando aqueles tramos nos que se producen máis roturas, normalmente os de maior antigüidade.

Deja un comentario