Monday 28 de July de 2025

A Coruña conmemora o 500 aniversario da expedición Loaysa coa mostra ‘Da Coruña ás Molucas’


A exposición atópase aberta á cidadanía na rúa Compostela

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, participou esta mañá no acto de apertura ao público da exposición ‘Da Coruña ás Molucas’, que conmemora o 500 aniversario da expedición Loaysa. Esta iniciativa municipal parte do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. “Desde o Goberno de Inés Rey quixemos poñer en valor o papel destacado dunha expedición que contribuíu a potenciar o desenvolvemento comercial e portuario da cidade”, indicou o edil.

A mostra contribúe á celebración 500 anos despois de que partise a expedición dirixida por García Jofré de Loaysa o 24 de xullo de 1525, a maior das que saíron desta cidade con destino ás illas das especias, as Molucas. A mostra, mediante paneis, destaca os antecedentes, feitos e consecuencias dos principais aspectos relacionados coa concesión á Coruña, por parte de Carlos V, da Casa de Contratación e a organización das expedicións que, desde esta cidade, tiñan como obxectivo chegar, asentarse e comerciar coas illas Molucas e os seus produtos máis destacados: as especias.

Deja un comentario