
Xoves 24 de xullo de 2025
Actividade: Feira da cervexa artesá
Lugar: Parque do río Freixeiro
Hora: Apertura ás 19:00
O Concello organiza este evento, no que participarán cervexeiros procedentes de Galicia e Madrid e onde haberá sete gastronetas cunha ampla oferta gastronómica. Obradoiros, concursos e concertos completan a programación das catro xornadas.
(Adxúntase o cartaz do evento coa programación dos catro días)
Venres 25 de xullo de 2025
Actividade: Impact Returns
Lugar: Pavillón Campo da Serra
Hora: Dende as 14:00 ata as 23:00
Esta fin de semana levarase a cabo o evento, que reunirá a unhas 400 persoas procedentes de Galicia, outras comunidades e mesmo outros países. O Concello organiza o evento coa Asociación Impact.
Actividade: Feira da cervexa artesá
Lugar: Parque do río Freixeiro
Hora: Dende as 13:00 e concerto ás 22:00
Sábado 26 de xullo de 2025
Actividade: Impact Returns
Lugar: Pavillón Campo da Serra
Hora: Dende as 10:00 ata as 23:00
Actividade: Feira da cervexa artesá
Lugar: Parque do río Freixeiro
Hora: Dende as 13:00 e obradoiros dende as 19:00
Domingo 27 de xullo de 2025
Actividade: I Carreira Andadura Cidade de Narón
Lugar: Rúa Panadeiros (Fronte ao almacén de Lidl no polígono de Río do Pozo)
Hora: Dende as 10:30 ata as 20:00
O Concello e a Asociación de Cabaleiros de Narón organizan este evento, no que participarán uns 150 equinos. A maiores das carreiras, na zona instalarase un posto de venda de polbo e churrasco e haberá tamén ás 17:30 horas un paseo infantil en cabalo de balde para aqueles que queiran realizalo.
Actividade: Impact Returns
Lugar: Pavillón Campo da Serra
Hora: Dende as 10:00 ata as 23:00
Actividade: Feira da cervexa artesá
Lugar: Parque do río Freixeiro
Hora: Dende as 13:00 e obradoiro dende as 17:30.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.