
· Dispoñeranse mesas para a comida, haberá xogos tradicionais, talleres, música e unha festa da escuma.
· Os grupos interesados en participar na comida deben anotarse do 28 ao 31 de xullo indicando o número exacto de asistentes.
· Desde o goberno local animan a participar a “familia, grupos de amigos ou persoas que veñan de visita, queremos que sexa un evento interxeracional”.
O Concello de Bergondo organiza o sábado 9 de agosto a ‘I Festa dá Familia’, que se celebrará nas pistas polideportivas de Lubre. A xornada, que comezará ás 11 horas, contará con comida popular e ao longo da mañá e a tarde desenvolveranse o resto das actividades.
Así, dispoñeranse mesas para os grupos que desexen ir comer. É posible levar a comida de casa ou comprala nalgún dos postos de polbo e churrasco que se habilitarán ese día. Para reservar sitio é necesario inscribirse, do 28 ao 31 de xullo, cubrindo un formulario web (https://docs.google.com/forms/d/18vde9Ou_pslWzUg_r34F7Ubwrcf7oBy3nCC2P8muv2S6w/viewform?edit_requested=true) ou chamando ao número de teléfono 981 791 252 ext.7 e indicando o número total de asistentes, que ten que ser exacto. O único requisito é que a persoa solicitante estea empadroada en Bergondo.
De 11 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas levarán a cabo outras actividades como xogos tradicionais, talleres, actuacións musicais e de monicreques. O peche de festa poñerao unha festa da escuma e pos Holi.
Desde o goberno local animan a participar nesta primeira edición a “familia, grupos de amigos ou persoas que veñan de visita, queremos que sexa un evento interxeracional” e sinalan que “a área recreativa de Lubre é un lugar perfecto para celebralo porque conta co equipamento necesario: unha zona cuberta, baños, parque infantil, grellas…”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.