Monday 28 de July de 2025

O Concello dá comezo ás obras de reparación da vía e a canalización en Gas


· Con motivo dos traballos, a estrada permanecerá cortada ao tráfico rodado.

· “Trátase dun proxecto que mellorará non só a seguridade e os servizos, tamén a calidade de vida da veciñanza”, afirma o alcalde, Sergio Platas.

O Concello de Paderne deu comezo esta semana ás obras de reparación da vía e canalización no lugar de Gas, na parroquia de Souto. Con motivo dos traballos, a estrada permanecerá cortada ao tráfico rodado.

Os traballos que se levarán a cabo comprenden a escavación do terreo para realizar as operacións requiridas e a instalación dun colector soterrado, unha arqueta de formigón e varios sumidoiros. Ademais, renovarase por completo o firme para mellorar a seguridade e as conexións entre lugares.

“Trátase dun proxecto que mellorará non só a seguridade e os servizos, senón tamén a calidade de vida da veciñanza. Responde a unha liña de traballo á que damos e daremos continuidade nas vindeiras semanas, e así levamos facendo nesta lexislatura”, apunta o alcalde, Sergio Platas, quen afirma que “é unha prioridade a mellora dos servizos, pero tamén das conexión interparroquiais e o incremento da seguridade da veciñanza”.

Deja un comentario