Monday 28 de July de 2025

Carral abrirá o luns o prazo de solicitude do servizo municipal de Madrugadores


· Con este programa, o goberno local volve reforzar a súa aposta pola conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas.

O goberno local continúa apostando pola conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas durante as épocas non lectivas e tamén durante o período escolar. O Concello abrirá o vindeiro luns, 28 de xullo, o prazo de solicitude do servizo municipal de Madrugadores, xestionado directamente desde o departamento de Educación. A prestación estará dispoñible desde o 9 de setembro, primeiro día do curso académico 2025-2026, no CEIPP Vicente Otero Valcárcel.

Por medio deste servizo, os nenos e nenas poderán acceder ao centro de ensino ás 7.30 horas. Desde ese momento e ata o inicio das clases, os alumnos e alumnas estarán atendidos por un equipo de monitores.

As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. A ficha de inscrición está dispoñible xa na sede electrónica do Concello e deberá presentarse, xunto co resto de documentación, a través da sede ou presencialmente no rexistro municipal. O período de solicitude estará dispoñible entre o luns, 28 de xullo (9.00 horas) e o venres, 8 de agosto (ás 14.00 horas).

Deja un comentario