Wednesday 23 de July de 2025

O concello licita un novo proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Soandres


O prazo de presentación de ofertas remata o 7 de agosto.

O Concello vén de sacar a licitación un novo proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Soandres que está valorado en máis de 58.000 euros.

A intervención afecta a varios tramos da estrada municipal que comunica os núcleos de Encián, As Senras e O Priorato, e que por tanto dá acceso ao mosteiro de San Pedro.

O proxecto contempla a mellora da superficie de rodadura e a limpeza das cunetas. Nun sector da vía será instalada unha barreira de protección nunha das marxes para aumentar a seguridade ante o desnivel existente entre a calzada e as parcelas lindeiras. Os traballos rematarán coa sinalización horizontal e vertical para unha mellor visualización.

Toda documentación está dispoñible para a súa consulta na Plataforma de Contratación del Sector Público. As empresas interesadas en concorrer ao procedemento teñen de prazo ata o 7 de agosto para presentar ofertas.

Deja un comentario