Wednesday 23 de July de 2025

O Concello de Oleiros subvencionará ás entidades deportivas para a adquisición de equipamento


O Concello de Oleiros convoca unha nova liña de subvencións para clubs deportivos municipais para a adquisición de material deportivo destinado ás actividades de adestramento e competición. Estas axudas, dun mácimo de entre 4.000 e 10.000 euros en función da actividade deportiva, son compatibles con outras subvencións.

Para poder optar a esta subvención, é preciso que os solicitantes sexan clubs deportivos sen ánimo de lucro inscritos no Rexistro Municipal de Entidades antes do 31 de decembro de 2024 e que cumpran os demais requisitos recollidos nas bases reguladoras. Os clubs interesados en percibir esta subvención poderán facer a súa solicitude a través da Sede Electrónica desde hoxe ata o xoves 13 de agosto.

Os gastos subvencionados serán os realizados no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025. Serán considerados gastos subvencionables as embarcacións de remo (banco fixo e banco móbil) cos seus accesorios, vehículos para transporte de material ou deportistas, remolques para transporte de embarcacións, colchonetas para a configuración de tatamis, tapices de ximnasia rítmica, mesas de tenis, altofalantes subacuáticos, pista ou tapiz de esgrima, remoergómetros…

Ademais destes axudas económicas, o Concello tamén subvenciona anualmente os gastos ordinarios da actividade dos clubs. O Concello leva a cabo unha política deportiva comprometida co fomento activo do deporte, pondo a disposición dos clubs numerosas infraestruturas, equipamentos e recursos humanos de maneira gratuíta.

Deja un comentario