Wednesday 23 de July de 2025

As obras na Cepeira completan os investimentos previstos por Augas de Galicia para reducir o risco de inundación en Carballo


Os concelleiros Luis Lamas, Daniel Pérez, Ramón Varela e Miguel Vales visitaron as obras que está a executar Augas de Galicia na zona da Cepeira, as últimas do plan de investimentos para reducir o risco de inundación nas beiras do Anllóns ao seu paso por Carballo. Os traballos, adxudicados á UTE formada por Vázquez y Reino e Francisco Gómez, teñen como finalidade a mellora da capacidade hidráulica do río, e para iso estase a realizar unha gran drenaxe transversal na marxe esquerda do río, na zona do enlace da AG-55 en Montecelo, que está pechada ao tráfico debido ás obras. O prazo de execución é de sete meses e o investimento, de 1,3 millóns de euros.

O convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Carballo, que puxo a disposición do ente autonómico todos os terreos precisos para acometer as obras, incluíu outros catro proxectos.

• By-pass no Muíño do Quinto, adxudicada a Vázquez y Reino por 323.000 euros
• Reforma integral do parque de San Martiño, executada por Prace Servicios y Obras, por 415.000 euros.
• Demolición de edificación, reforma da ponte da Lagoa ou da Milagrosa e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol, realizada por Seranco & Cycasa Canteras y Construcciones cun investimento de 1.764.000 euros.
• Reforma da ponte da rúa Fomento, da canle e motas de contención augas abaixo da ponte, que levou a cabo Copasa, por 1.893.000 euros.

O investimento total acada os 6.369.463,81 euros, e o convenio está vixente ata o 31 de decembro do ano 2026.

Deja un comentario