
— Os conselleiros de Educación e de Facenda manteñen co equipo reitoral unha reunión co fin de corrixir a situación
— A Universidade da Coruña deberá presentar un cadro de ingresos e gastos ao longo do mes de setembro
A Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña (UDC) mantiveron hoxe unha reunión na que se acordou que a UDC presente ao longo do mes de setembro un plan de equilibrio financeiro para un período de tres anos co fin de encauzar a senda orzamentaria e garantir a estabilidade económica desta institución universitaria coruñesa.
Os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Facenda e Administracións Públicas, Miguel Corgos, mantiveron co equipo reitoral un encontro para avanzar nas medidas que permitan subsanar a situación financeira na que se atopa a institución. A este respecto, a UDC deberá presentar un plan de ingresos e gastos da institución como paso previo ao orzamento de 2026.
Deste xeito, avánzase na procura dunha solución á situación sobrevida de desequilibrio contable que se puxo de manifesto polo actual equipo de Goberno coa liquidación do ano 2023, no que se incumprían os obxectivos para o ano 2024.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.