Wednesday 23 de July de 2025

Ribeira presentará na praza de España os murais de Salmoira 2025


O pasado mes de novembro dou comezo a primeira edición deste novo festival de murais urbanos en Ribeira que está servindo para poñer en poñer en valor paralelamente; a cultura do mural xunto ao patrimonio histórico industrial da salgadura e da conserva.

No día de hoxe o rexedor, Luís Pérez xunto á concelleira de Cultura, Antía Alberte anunciaron un acto de presentación dos murais xa rematados da segunda edición de Salmoira que terá lugar o vindeiro sábado 26 ao mediodía na Praza de España. Na segunda edición de Salmoira destacaron as obras en gran formato de 3 recoñecidos muralistas; de primeiro temos a Mon Devane un muralista ourensán que creou o mural homenaxe ás cantareiras na rúa Miguel Rodríguez Bautista; tamén Lidia Cao que vén de crear no Malecón á peixeira que mira cara o mar que homenaxea a tódalas mulleres que desenvolven o seu traballo vinculado a este medio; e para finalizar repite no festival o muralista, Fernando Yáñez, creador na primeira edición do mural do Fillo Predilecto de Ribeira, Manuel Ayaso; agora vén de executar o Castelao da rúa Canarias.

A concelleira de Cultura agradeceu o traballo dos artistas e tamén aos veciños que cederon os espazos así como “a boa acollida da veciñanza”. Alberte anunciou que será un acto sinxelo onde intervirán as autoridades e actuarán As Pandereteiras de Carreira, Bailadela e Sete Linguas, As Garridiñas e As Ferreñas.

Pérez Barral manifestou que o festival está sendo un éxito “porque os veciños e veciñas no lo estiveron transmitindo ao longo destas últimas semanas nas que se estaban executando”. O alcalde significou o contido de cada un dos murais, no acto en cuestión “Ribeira fará unha homenaxe a Castelao” e adiantou que en outono tamén se farán novos murais. Para rematar agradeceu a presenza ao acto do secretario xeral da Lingua, Valentín García xunto ao presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas.

Deja un comentario