Wednesday 23 de July de 2025

O PP de Culleredo mostra o seu pesar polo falecemento de Julio Sacristán


Desde o Grupo Municipal do Partido Popular de Culleredo queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento hoxe de Julio Sacristán, quen foi alcalde do noso concello durante 34 anos, de 1983 a 2017, e trasladar nosas máis sinceras condolencias á súa familia e amigos.
Julio Sacristán foi un referente da política municipal galega. Dedicou a súa vida a Culleredo e exerceu sempre a súa vocación de servizo público con compromiso e proximidade, gañándose o respecto dos veciños pola súa capacidade de traballo e entrega.
Desde o PP de Culleredo queremos expresar o noso recoñecemento pola súa traxectoria, que marcou unha época na historia do municipio.
Descanse en paz.

Deja un comentario