
O Concello de Neda testará este verán unha nova actividade na piscina municipal centrada na veciñanza de menor idade da localidade. Trátase dun cursiño de natación para bebés que se desenvolverá no mes de agosto. A actividade, que permitirá introducir aos meniños e meniñas no medio acuático dunha forma segura e divertida, vén de abrir inscricións.
A actividade de natación para bebés terán lugar todos os mércores de agosto. Será dunha iniciativa concibida para contribuír ao desenvolvemento motriz, socio-afectivo e cognitivo dos menores participantes, que estarán acompañados na auga por algún dos seus proxenitores, ademais de polos monitores da actividade.
A proposta vai dirixida a bebés de 0 a 2 anos. De constituírse grupo (haberá un máximo de oito prazas), as sesións terán lugar os días 6, 13, 20 e 27 de agosto, de 12:00 a 12:30 horas.
As persoas que queiran inscribirse ou recibir información adicional sobre a actividade, cun prezo de 12 euros, deberán dirixirse á piscina municipal de Neda (teléfono 618091015), no horario habitual de apertura, é dicir, de luns a venres, de 15:30 a 20:30 horas, e as fins de semanas e festivos, de 12:00 a 20:30 horas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.