Wednesday 23 de July de 2025

O Concello lamenta o falecemento do ex alcalde de Culleredo Julio Sacristán


O Concello de Oleiros quere expresar publicamente o seu profundo pesar polo falecemento do que fora alcalde de Culleredo entre os anos 1983 e 2017, Julio Sacristán.

Julio Sacristán mantivo sempre unha boa relación co Concello de Oleiros. O alcalde, Ángel García Seoane, expresou o seu sentir polo pasamento de quen fora durante tantos anos un alcalde de referencia na comarca: “Foi unha persoa dialogante, unha boa persoa, que non é tan fácil atopar en política boas persoas, e tamén foi un bo político, que contou co apoio maioritario do seu pobo. Para min foi un gran amigo, e estou seguro que será lembrado sempre pola veciñanza de Culleredo, porque foi un alcalde que sempre estivo ao servizo da cidadanía”.

Que a terra lle sexa leve!

Deja un comentario