
· O acto terá lugar este domingo, 27 de xullo, ás 17. Horas e estará presentado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
· ‘Ángeles acusadores’ é unha novela negra ambientada na Costa da Morte e protagonizada pola detective Nahiara Bermolen.
Este domingo, 27 de xullo, ás 11 horas o Museo do Encaixe de Camariñas (Praza da Insuela, s/n) acollerá a presentación do libro ‘Ángeles acusadores’, unha obra do escritor camariñán Diego Garrote editada por Los Libros del Salvaje.
‘Ángeles acusadores’ é a primeira dunha serie de novelas negras ambientadas na Costa da Morte e protagonizadas pola detectiva privada Nahiara Bermolen. Neste caso, a investigadora investiga quen está detrás dunha nota de chantaxe que ameaza con publicar fotos e vídeos comprometidos dunha adolescente de dazaseis anos.
Diego Garrote, que vive no Muíño do Vento (Camariñas), moi pretiño do Museo do Encaixe, explica que o lector que se adentre na súa obra atopará “unha novela de investigación moi entretida e directa, que non se anda con rodeos” e destaca que “para min é unha honra poder presentala no meu pobo e que a xente estea interesada nela, agradezo tamén ao Concello todo o apoio que me está a dar”.
O acto, que está aberto ao público, estará presentado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e tamén intervirá o editor da publicación, Fran Zabaleta.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.