
Os enfrontamentos celebraranse o sábado 9 de agosto no estadio municipal de Riazor
Deportivo, Le Havre AC, Deportivo ABANCA e SC Braga conforman o cartel do Trofeo Teresa Herrera 2025, o sábado 9 de agosto no estadio municipal de Riazor. “Desde o Goberno de Inés Rey celebramos que o decano dos trofeos de verán reciba este ano a dous equipos europeos de máxima categoría, proba do prestixio que ten este histórico torneo”, indicou Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes.
O Deportivo e Le Havre AC francés no apartado masculino; e Dépor ABANCA e SC Braga luso no feminino conforman o cartel da próxima edición do Trofeo Teresa Herrera que se disputará no estadio municipal de Riazor o 9 de agosto, retransmitido en directo na canle oficial do RC Deportivo en Youtube.
O decano dos torneos estivais, que este ano cumpre o seu LXXX edición, recupera en categoría masculina o formato de partido único neste 2025. Este evento forma parte da programación das Festas de María Pita, que encherán a cidade durante o mes de agosto de múltiples acontecementos culturais e de ocio abertos á cidadanía.
O Deportivo, que tradicionalmente aproveita o Trofeo Teresa Herrera como posta de longo ante a afección coruñesa, mídese nesta edición ao equipo francés de Le Havre AC que milita na Primeira División de Francia.O encontro arrincará ás 20.00 horas. A XIII edición feminina do Trofeo Teresa Herrera, ás 17.00, protagonizarana o Dépor ABANCA e o SC Braga da Primeira División de Portugal. A xornada arrincará pola mañá coa disputa das finais da XXIX edición do Mini Teresa Herrera en categoría benjamín e prebenjamín.
O Dépor é o rei do Teresa Herrera masculino cun total de 25 trofeos nas vitrinas por 9 do segundo clasificado, o Real Madrid. En categoría feminina, o Dépor ABANCA posúe 4 trofeos ademais de 1 conquistado polo Deportivo ABANCA B na edición de 2020. A organización do Teresa Herrera forma parte do acordo de colaboración entre o Concello e o club. O trofeo é o torneo de fútbol amigable con carácter anual máis lonxevo do mundo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.