
O Concello repartirá case 10.000 euros en premios na 19ª edición da proba referente en Galicia dos 10 quilómetros
O domingo 5 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade, e que este ano realizará a súa décimo novena edición cun circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo. Este luns ábrese ao longo da tarde o prazo de inscrición para todas aquelas persoas que desexen participar.
As inscricións faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 28 de setembro ás 23:59 horas. A cota de inscrición será de 9 euros para as persoas rexistradas ata o 17 de agosto, e de 13 euros para quen realice a inscrición desde ese día ata o 26 de setembro. Haberá un prazo extraordinario os días 27 e 28 de setembro cunha cota de inscrición de 20 euros. As inscricións presenciais poderanse facer no horario comercial do centro de El Corte Inglés (rúa de Ramón y Cajal) desde o luns 28 de xullo. Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta XIX Carrera Popular Coruña10 poderán participar atletas, con inscrición gratuíta, desde a categoría peques ata sub-18. A carreira ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. A saída e a meta estará situada en Porta Real e a proba terá un percorrido similar ao da última edición.
As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras. Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28’09”) como na feminina (31’40”) obterán un premio de 2.000 euros. O regulamento, así como todos os servizos que ofrece Coruña10, poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.