
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron na madrugada do 19 de xullo, ás 5:53 horas, tras sucederse un accidente de tráfico con tres persoas feridas na AG-1.5, no Concello de Rois.
O vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal. Debido a isto, os bombeiros tiveron que habilitar un acceso para a ambulancia.
Todos os ocupantes do vehículo foron trasladados ao CHUS para evaluar o seu estado físico. No lugar persoáronse tamén o 061, o GES de Brión e Garda Civil de Tráfico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.