
A alcaldesa recibiu hoxe ao presidente da Generalitat de Catalunya, que visitou o barrio de Xuxán, onde o Concello está a construír un edificio de 50 vivendas de protección con fondos do Plan de Recuperación
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta tarde ao presidente da Generalitat de Catalunya, Salvador Illa. Illa acudiu á Coruña a coñecer as
políticas de vivenda desenvolvidas desde o Concello, que está a desplegar un amplo abano de medidas coa colaboración do Goberno estatal.
Neste sentido, Rey e Illa percorreron o barrio de Xuxán a supervisar os traballos de construción dun edificio de 50 novas vivendas de aluguer social que o Concello constrúe entre as rúas Cernadas e Longarela, unha iniciativa que é posible grazas tamén á financiación dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Rey lembrou que esta medida chega nun contexto “no que o impulso do parque residencial público é fundamental para dar resposta ás necesidades actuais da cidadanía”, tanto polo incremento progresivo dos custos no mercado como polas dificultades para atopar vivendas en réxime de alugueiro.
“Fronte a isto, actuamos. E facémolo con determinación, cun Plan Municipal de Vivenda 2024-2030 que favorece a construción de máis vivenda e a cesión de solo municipal para facilitalo, tamén a rehabilitación de inmobles e o uso de ferramentas como a declaración da zona residencial tensionada e a nova ordenanza VUT”, expresou Rey, que recordou tamén que A Coruña foi a primeira cidade galega en ser declarada Zona Residencial Tensionada.
No percorrido por Xuxán, a alcaldesa estivo acompañada polos concelleiros José Manuel Lage e Francisco Díaz Gallego, tamén polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, a subdelegada do Goberno, María Rivas, e parte do equipo técnico que desenvolve a obra na parcela Z-37 de Xuxán.
Posteriormente, Salvador Illa visitou o Palacio Municipal de María Pita, ondeasinou no Libro de Ouro do Concello
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.