
• Mariñas Coruñesas demanda que se desestime a totalidade do proxecto
• A entidade pide medidas para mitigar os efectos sobre a biodiversidade, a paisaxe, ou as actividades veciñais
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas prosegue co seu defensa do territorio #ante os proxectos de parques eólicos que lle afectan. A entidade acaba de presentar alegacións ao proxecto de Parque Eólico O Seixo e a súa infraestrutura de evacuación, que afecta á Laracha, Cerceda, Carral e Abegondo, sendo estes dous últimos parte da Reserva.
A entidade considera que o proxecto contradi os principios fundamentais das Reservas de Biosfera, que buscan a conservación da biodiversidade, o desenvolvemento sostible e o apoio loxístico para a investigación e a educación ambiental. Neste caso, a instalación de aeroxeradores, pistas de acceso e liñas de evacuación provocaría un “impacto severo e irreversible” na paisaxe, a fauna, os corredores ecolóxicos, o desenvolvemento rural e a conectividade do territorio.
Nas alegacións, a Reserva realiza unha serie de observacións sobre o proxecto. Ve insuficiente o estudo de efectos acumulativos e sinérgicos con outros parques e infraestruturas proxectadas no territorio. “A proposta de Parque Eólico O Seixo está próximo a Rede Natura 2000 e zona tampón e transición da Reserva o que impón restricións de exclusión segundo directrices do Ministerio”, sinala.
Neste sentido, lembra que o TSXG xa suspendeu parques en Galicia (por exemplo, proposta P. E. Seselle) por posible dano grave a valores ambientais, incluíndo especies protexidas e proximidade a poboacións (<500 m).
A nivel do medio biótico, Mariñas Coruñesas alerta da posible afección a especies protexidas ou vulnerables de aves ou quirópteros.
A Reserva tamén resalta que o proxecto se ha tramitado sen un proceso de participación veciñal efectivo, e xerou un rexeitamento social pola súa incompatibilidade cos usos tradicionais do chan, actividades agrícolas, gandeiras e de turismo rural. Tampouco se ofreceron compensacións nin beneficios reais para as comunidades afectadas.
Así mesmo, a proposta deste parque “pode contradicir o establecido nos plans urbanísticos municipais e na normativa do Plan de Ordenación do Territorio de Galicia, especialmente no relativo a usos do chan rústico protexido e zonas de especial interese ambiental ou paisaxístico”.
Cuestións específicas
Baixo estas premisas xerais, Mariñas Coruñesas destaca nas alegacións cuestiones específicas sobre o proxecto. Respecto a as medidas correctoras, afirma que as medidas compensatorias previstas no Estudo de Impacto Ambiental (EIA) cualifícanse de “inadecuadas @teniendo en cuenta a contorna galega e a realidade ambiental desta rexión, propoñendo medidas máis acordes con outras rexións”. Ademais, apunta que as medidas compensatorias de fomento da biodiversidade considéranse ineficaces e pouco ambiciosas.
En canto a impacto socioeconómico, pide unha análise do efecto das instalacións do parque nas explotacións agrícolas e gandeiras presentes na zona de actuación.
En canto a impacto paisaxístico, cuestiona que o Monte Xalo (Área de Especial Interese Paisaxística) verá afectada as súas panorámicas desde os miradoiros e que as medidas compensatorias propostas, baseadas na restauración de pequenos elementos que outorgan heteroxeneidade á paisaxe, non teñen a suficiente entidade para compensar estes impactos.
Tamén entende superficial o estudo de campos electromagnéticos, pide que se contemplen medidas de mitigación do ruído, reclama un estudo completo sobre os humidais presentes nos arredores e os impactos do proxecto, pide ampliar os estudos de fauna, e denuncia que non se indica en ningún momento a lista de terreos afectados.
Por todo isto, Mariñas Coruñesas demanda que se desestime o proxecto do Parque Eólico O Seixo na súa totalidade polos impactos ambientais, territoriais, sociais e xurídicos expostos, e que se garanta a protección efectiva da Reserva de Biosfera, así como dos intereses dos municipios afectados. E en todo caso, pide que se teñan en conta as súas propostas dadas as competencias, especialización e ámbito de actuación da entidade á hora de resolver a solicitude de autorizacións administrativas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.