
Invístense 90.000 euros na renovación da superficie de rodadura, acondicionamento de sobreanchos e creación dunha nova rede de recollida de pluviais.
Xa están en marcha as obras coas que se mellorará a estrada no lugar de Padronelo, na parroquia de Cabovilaño. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, reuníronse no lugar das actuacións co director da obra para interesarse polo inicio dos traballos que se prolongarán durante os próximos días.
A intervención consiste na renovación da superficie de rodadura da estrada e no acondicionamento dos sobreanchos, que serán aproveitados para ampliar a plataforma da calzada e crear espazos para o aparcamento de vehículos, incluíndo o retranqueo dos postes do tendido eléctrico. Ademais, dotarase á vía cunha nova rede de recollida de augas pluviais. Culminaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.
A execución deste proxecto suporá un investimento de 90.000 euros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.