A atleta ordense Ánxeles Rodríguez vén de demostrar o seu altísimo nivel de competición no Campionato Nacional de Atletismo Veteranos de pista cuberta, que tivo lugar recentemente en Antequera. De alí regresou coa medalla de ouro de lanzamento de peso, ademais de dous bronces obtidos nas probas de salto de altura e nos 400 metros lisos.