Friday 18 de July de 2025

O Concello solicita a colaboración veciñal para identificar a un infractor das normas do lixo


Esta mañá as beirarrúas da rúa Francisco Comesaña, no centro de Santa Cruz, amenceron cun vertido de residuos e lixo procedentes dunha reforma dunha vivenda. Para identificar ás persoas responsables e poder sancionalas, o Concello solicita a colaboración dos veciños e veciñas da zona que se poden dirixir ao teléfono de atención veciñal 981610000 ou á Policía Local no 981610001.

“Está claro que está feito a propósito, para degradar as rúas… Solicitamos que se algunha persoa viu algo, por favor nolo comunique, porque tiveron que usar algún camión ou furgoneta”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Só é posible deixar xunto aos contedores mobles, electrodomésticos, colchóns e outros residuos voluminosos do fogar os xoves a partir das 20:00 horas, sempre e cando se chame previamente ao teléfono 981 795 524 para dar o correspondente aviso.

Deja un comentario