
Perante os graves incidentes ocorridos hoxe no Burgo, o BNG demanda a convocatoria da Xunta Local de Seguridade e da Comisión de Presidencia para informar dos feitos, coñecer a valoración que as autoridades e forzas de seguridade fan dos mesmos, e estudar as medidas a tomar.
O Concello ten que implicarse activamente para vixiar as condicións nas que efectivamente se desenvolven as festas en todas as nosas parroquias e lugares.
O BNG leva anos alertando das condicións nas que se desenvolven as festas máis multitudinarias do noso Concello, e en concreto as do Burgo. O Concello, como xa temos manifestado en reiteradas ocasións, non pode descargar toda a responsabilidade nas Comisións de Festas.
Para o Bloque Nacionalista Galego as festas teñen que ser espazos nos que se garanta a seguridade de todas as persoas que participan nas mesmas, en todos os eidos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.