Thursday 17 de July de 2025

Toman posesión os oito membros da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais


Este xoves 17 de xullo tomaron posesión os integrantes da brigada de prevención e defensa contra os incendios forestais, creada no marco do convenio entre o Concello de Carballo e a Consellería do Medio Rural asinado en abril, e cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O equipo está integrado por un xefe de brigada, un peón condutor, tres peóns de brigada e outros tres operarios de motobomba.

Os novos traballadores asinaron os seus contratos nun acto no que tamén participaron o alcalde, Evencio Ferrero, e a secretaria do Concello de Carballo, Marina Núñez, e ao que asistiron o concelleiro de Protección Civil, Miguel Vales, e o xefe do servizo municipal, Javier Souto.

Os principais cometidos da brigada son a vixilancia e a defensa permanente contra os incendios forestais. Unha parte fundamental do seu traballo será a prevención, para o cal desenvolverán labores de roza e limpeza en faixas de xestión de biomasa, terreos forestais de titularidade municipal ou propiedade descoñecida ou vías e camiños forestais nos que non sexa posible actuar con medios mecánicos.

Deja un comentario