Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades investirá máis de 81.000 euros na mellora de camiños de acceso a explotacións agrogandeiras


O Concello de Frades investirá un total de 81.132,92 euros na mellora de cinco camiños de acceso a explotacións agrogandeiras do municipio. Un investimento incluido no Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Explotacións Agrarias 2016, do que a Consellería do Medio Rural achega 67.052 euros e o Concello de Frades inviste outros 14.080,92 euros con fondos propios.

Os cinco camiños municipais que se arranxarán son: camiño de Tañoi a Marís (Abellá), camiño de Consello (Papucín), camiño entre Vitre e Aboi (Vitre-Céltigos) e o camiño de Chousa de Atrás (Ledoira), así como os accesos á Granxa (Aboi).