Thursday 17 de July de 2025

Cortes de tráfico nas rúas Campo do Souto, Atochas e Rúa da Vila polas obras de pavimentación


As obras de mellora que se están a executar nas rúas Campo do Souto, Atochas e da Vila avanzan esta semana cos traballos de pavimentación da calzada, que obrigarán a realizar cortes totais de tráfico nas 3 vías afectadas.

Os asfaltados comezaron hoxe pola rúa Campo do Souto e continuarán mañá venres na rúa Atochas. A próxima semana, o luns 21 e martes 22 de xullo, as tarefas trasladaranse á rúa da Vila, que se pavimentará por tramos.

Durante a execución das obras, tanto a circulación como o estacionamento de vehículos non estarán permitidos nas rúas nas que se estea a actuar.

En calquera caso, as datas previstas poderían sufrir variacións en función das condicións meteorolóxicas ou de imprevistos no desenvolvemento dos traballos.

Deja un comentario