
O Concello de Neda vén de adxudicar as obras de pavimentación do camiño entre Liñares-Riocobo-Galanos, situado na parroquia de Anca. Trátase dunha intervención, incluída no Plan Camiña rural 2025 – 2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que permitirá mellorar as condicións de tránsito desta vía pública.
A administración local investirá finalmente un total de 58.000 euros nas obras de acondicionamento desta pista, que conclúe nas inmediacións da Igrexa dos Remedios. O camiño, que dá acceso a vivendas e máis a parcelas agrícolas, atópase actualmente deteriorado polo uso e máis polo paso do tempo.
Finalmente, será a empresa Canarga a que se faga cargo desta intervención, que inclúe o bacheado, a limpeza de cunetas, e o aglomerado en quente ao longo de algo máis de un quilómetro da estrada (1.094 metros), ademais dos posteriores labores de sinalización horizontal.
O Concello dá resposta con esta actuación a unha demanda veciñal, e contribúe a optimizar a seguridade tanto dos condutores como dos peóns que, a diario, fan uso deste camiño.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.