35 nenos e nenas participan este ano nas actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes. Ao longo dos vindeiros días agárdanlles un montón de xogos, diversión, excursións e visitas como a que hoxe realizaron ao Concello de Ordes. Os participantes do chamado ‘Happy Easter’ foron recibidos no salón de plenos polo alcalde e a concelleira de Educación, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana García. Ademais de coñecer os distintos departamentos municipais e o seu persoal, os rapaces e rapazas tiveron ocasión de formularlle preguntas ao rexedor. Radio Ordes ou a biblioteca municipal son outros dos espazos que xa recibiron a visita de todas e todos eles. O ‘Happy Easter’ conta coa colaboración da Deputación da Coruña e é desenvolvido pola escola ConTalento.