
Máis de 150 patinadores procedentes de Portugal e de diversas partes de España participan este domingo 20 de xullo no XXV Trofeo Concello de Oleiros de patinaxe de velocidade. As carreiras celebraranse na pista de Bastiagueiro e comezarán ás 10:00 horas.
Os equipos participantes veñen desde Portugal e varias comunidades autónomas. Entre eles estará o SCD Rabadeira de Oleiros, que organiza esta competición en colaboración co Concello de Oleiros.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.