Wednesday 16 de July de 2025

O Concello da a coñecer o traballo do servizo de salvamento das praias da cidade cun novo curso para nenos e nenas


Un grupo de 40 escolares participou nunha formación de dúas horas na praia de Riazor

O Concello da Coruña, a través do servizo de salvamento das praias, iniciou hoxe un programa de actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos co obxectivo de fomentar o coñecemento do medio mariño, a seguridade acuática e o lecer saudable. Este mércores un grupo de escolares do colexio Grande Obra de Atocha participou nunha formación na praia de Riazor.

Durante dúas horas, os nenos e nenas participantes puideron aprender a coidar das praias e do medio acuático, gozando del de maneira segura. Tamén coñeceron o labor dos e das socorristas e respectar o seu traballo nos areais. Por último, tamén puideron saber máis acerca de técnicas de valoración primaria e RCP.

En total, participaron nesta actividade 40 alumnos e alumnas deste centro, con idades de entre 6 e 12 anos, que se atopan realizando un campamento na escola. Fixéronse cargo da visita socorristas e coordinadores que se atopaban fóra de servizo nesta xornada. No marco das políticas de dinamización estival impulsadas polo Goberno de Inés Rey, esta iniciativa busca tamén dar visibilidade á profesión do salvamento e aos seus valores humanos, contribuíndo á conciliación familiar durante o verán e á promoción de hábitos de vida saudables entre a mocidade.

Deja un comentario