Wednesday 16 de July de 2025

O Concello de Ribeira habilita novas prazas de estacionamento gratuítas para facer fronte á alta afluencia de visitantes e eventos


O Concello de Ribeira vén de habilitar novas prazas de estacionamento gratuítas nunha parcela situada na entrada da cidade, na avenida de Ferrol.

Esta actuación enmárcase nas medidas que o goberno local está a levar a cabo para ofrecer alternativas de mobilidade e facilitar o uso do vehículo particular, especialmente nestes meses nos que se incrementa a chegada de visitantes e se celebran numerosos eventos culturais e festivos.

Ademais, o Concello tamén puxo en marcha zonas azuis gratuítas nas rúas Rosalía de Castro e Romero Ortiz. Estas zonas teñen como obxectivo garantir espazos dispoñibles para realizar compras rápidas, así como facilitar as tarefas de carga e descarga, contribuíndo así a dinamizar a actividade comercial do centro urbano.

O alcalde, Luís Pérez Barral, destacou que “seguimos traballando para que Ribeira sexa unha cidade máis accesible tanto para veciñanza como para quen nos visita. Queremos facilitar que a xente poida estacionar sen custo e, ao mesmo tempo, dinamizar o comercio e a hostalaría locais”.

Na actualidade, Ribeira conta con seis aparcadoiros gratuítos no centro urbano situados na Avenida de Ferrol, Avenida da Coruña, Agustín Fernández Oujo,  Avesadas e Fafián- aos que se suma tamén o aparcadoiro do Centenario.
Este foi municipalizado polo goberno local para rebaixar as tarifas e garantir que estea aberto as 24 horas do día e os 365 días do ano. Grazas a esta medida, o Centenario converteuse nun dos aparcadoiros máis económicos de Galicia: por tan só 1,5 euros pódese deixar o coche durante dúas horas, tarifa que ademais pode verse reducida se se realiza unha compra no comercio local.

O alcalde supervisou persoalmente os traballos de adecuación da nova parcela, acompañado do segundo tenente de alcalde Francisco Suárez-Puerta, coa vista posta en seguir incrementando as facilidades para o estacionamento e mellorar a mobilidade no municipio.

Zonas de estacionamento en Ribeira
Aparcadoiros gratuítos:
Avenida de Ferrol
Localización: https://maps.app.goo.gl/m4DQXtjniekq3sxc7?g_st=ipc
Avenida da Coruña
Localización: https://maps.app.goo.gl/PssH4AsnBFZqeEYp8?g_st=ipc
Agustín Fernández Oujo
Localización: https://maps.app.goo.gl/jSSgABMJ7MdWbq1j9?g_st=ipc
As Avesadas
Localización: https://maps.app.goo.gl/mwDLhHqP8myZm2KA6?g_st=ipc
Fafián
Localización: https://maps.app.goo.gl/WS6DPvaqcoC6xdv5A?g_st=ipc
O Touro
Localización: https://maps.app.goo.gl/5Xm8fGNnRv4Y6rUc8?g_st=ipc
Aparcadoiros soterrados
Aparcadoiro público do Centenario (tarifas reducidas)
Localización: https://maps.app.goo.gl/91qjn9dxFH8Di1qQ8?g_st=ipc
Aparcadoiro privado O Rueiro
Localización: https://maps.app.goo.gl/3ouSGce3mJBGpBKK7?g_st=ipc

Deja un comentario